Site icon Crónica3.com A Mariña

A Popular Val das Fabas chega á sétima edición o 2 de outubro

pres-valfabA VII Carreira Popular Val das Fabas celebrarase o vindeiro domingo 2 de outubro, enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá, ás 10.40 horas para categorías menores e ás 11.30 horas para cadetes, juniors e séniors (percorrido de 6 kilómetros 310 metros).

Será tamén a cuarta edición que se corra con cronometraxe oficial de Championchip (vídeo chegada en línea de meta) e ademáis teremos un saqueto de fabas para todos os vencedores das diferentes categorías de adultos, trofeos inéditos ós campións, ademais de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores(pitufos e prebenxamín) e un regalo dunha camiseta técnica especial para corredores para os adultos. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia, vallas e senalización do circuito cada 500 metros….

A inscrición estará aberta ata o martes 27 de setembro.

Ao acto de presentación asistían:
– Dª Rocío López García (Alcaldesa do Concello de Lourenzá)
– D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)
– D. Francisco Dasilva (Concelleiro de Deportes)
– D. Pablo Maseda (Presidente das E.d. Lourenzá)
– Os atletas das Escolas Deportivas que tiveron medalla en cto. autonómico este pasado curso.
– E os responsables das empresas colaboradoras: Maderas Barcia, Caixa Rural, Banco Santander, Coca Cola, Josbi, Eroski, Neli, Gadis, Morán, Pastelería Cabaleiros, Cartoy Proapoyo, Caf. Vin Morrigan, O Torreón, Cantón Bar, Librería Josgua, Frutas Hmnos. Rivas, La Voz de Galicia, Cope-Cadena 100….

Exit mobile version