Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición para o V Ranking de Pádel Hyundai Ditramotor Lugo en Ribadeo

Ribadeo, 22 de setembro de 2016. De outubro a maio disputarase nas instalacións de Pádel Club Ribadeo o V Ranking de Pádel Hyundai Ditramotor Lugo nas categorías masculina, feminina e mixta. A inscrición está xa aberta.

Segundo explican desde Pádel Club Ribadeo “os que se inscriban levarán un polo técnico de agasallo. Poden anotarse chamando ao teléfono 650 624 350 ou pasándose polas nosas instalacións”.

E engaden: “todos os meses sortearemos ceas para catro persoas e haberá afortunados e/ou afortunadas que poderá irse de fin de semana gratis, conducindo un Hyndai Tucson. E haberá unha cea de entrega de premios a final de tempada”.

A competición está organizada por Pádel Club Ribadeo, conta co patrocinio de Ditramotor Lugo e coa colaboración de Car Alimentación.

Exit mobile version