Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición das Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove

Ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas-Culturais para a tempada 2016-2017, da Asociación Cultural-Deportiva “XOVE”.

Tódolos alumnos ou alumnas que desexen participar nas Escolas Deportivas-Culturais da A.C.D. “XOVE, deberán de ser SOCIOS da entidade. Aquelas familias ou alumnos e alumnas que se queiran incorporar como socios, deberan poñerse en contacto ca Xunta Directiva da Asociación, para así formalizar e tramitar a súa inscrición de alta.

A cota para ser socio e de 10 euros mes/familia (en pagos semestrais), tendo dereito a participar en tódalas Escolas ou Actividades organizadas pola A.C.D. “XOVE”, así como descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas.

A presentación das actividades desenvolverase este ano por separado para cada unha das escolas, é dicir, a primeira semana de outubro celebrarase a presentación de cada Escola á que deberán asistir tódolos alumnos e alumnas matriculadas e os pais e nais.

As datas de cada presentación serán as seguintes:

KARATE: Luns día 3 de Outubro as 17:30h. na Aula Multideportiva. Tódolos alumnos- as deberán traer o karategui, para facer unhos pequenos exercicios.

TEATRO: Luns día 3 de Outubro as 18:30h. no Salón de Actos.

Xuntaranse os dous grupos de Teatro, os de Primaria e os de Secundaria.

PATINAXE ARTISTICA: Martes día 4 Outubro, no Pavillón Polideportivo.

– Grupo Pequenos: de 17:00h. a 17:45h.

– Grupo Medianos: de 17:45h. a 18:30h.

– Grupo Grandes: de 18:30h. a 19:30h. (Grupo de Competición).

XOGOS PRE-DEPORTIVOS: Martes día 4 de Outubro, as 17:00h. Aula Multideport.

Asistiran tódolos alumnos-as (3-4 anos), acompañados dos pais, para facer a Presentación cunha breve charla. As clases darán comezo o xoves día 6.

PINTURA: Mércores día 5 de Outubro as 17:00h. (Centro Cultural Agramonte). Deberán presentarse tódolos alumnos-as que se inscriban na Escola de Pintura.

FÚTBOL SALA – FÚTBOL 8: Mércores día 5 de Outubro, as 18:00h (Pavillón).

Tódolos alumnos deberán traer as equipacions de xogo, unha delas xa posta. Presentaranse os equipos e os monitores, e tamén daranse os horarios.

BALONCESTO: Venres día 7 as 17:00h. no Pavillón Polideportivo.

Presentaranse tódolos alumnos-as que estean inscritos. Os nenos que competiron o ano pasado deberán traer as equipacións de xogo.

AEROBIC-PILATES: Luns día 3 de Outubo as 21:00h. na Aula Multideportiva. Presentaranse tódalas alumnas inscritas ou interesadas. As clases serán os luns e os venres de 21:00h. a 22:00h.

XADREZ: Data sin. concretar. Poñerémonos en contacto con cada un dos alumnos-as que estean inscritos, para concretar día e hora.

CAMPO A TRAVÉS E ATLETISMO EN PISTA: como a tempada desta Escola empeza mais tarde, poñerémonos en contacto cos atletas para a Presentación e comezo dos adestramentos.

TENIS DE MESA: Como a tempada desta Escola empeza mais tarde, poñerémonos en contacto cos xogadores para a Presentación, e comezo dos adestramentos.

A data de peche das inscrición é o martes 27 de setembro.

As follas de inscrición poderán entregarse en:

– Piscina Municipal de Xove (Control de Acceso)

– Buzón da ACD.XOVE (no Pavillón do Centro Cívico)

– A membros da Xunta Directiva

– XOGOS PRE-DEPORTIVOS-PSICOMOTRICIDADE (3-4 anos)

– PATINAXE ARTISTICA (+5 anos ) de Pre-Benxamins a Cadetes

– FUTBOL SALA ( de 5 anos ata 16 ) de Pre-Benxamins a Cadetes

– FUTBOL 8 (+7 anos – 2o) equipos Benxamín e Alevín

– BALONCESTO (de 5 anos ata 16) de Pre-Benxamins a Cadetes

– XADREZ (+6 anos ata 16) de Pre-Benxamins a Cadetes

– KARATE (de 5 anos – 1o ata 16) de Pre-Benxamins a Cadetes

– ATLETISMO (+ 8 anos) de Benxamins a Cadetes

– EQUIPO TENIS DE MESA (+ 8 anos) de Benxamins a Cadetes

– TEATRO. Iniciación a Interpretación( +6 anos)

– PINTURA (+ 8 anos e adultos)

– PILATES (+14 anos e adultos)

– AEROBIC (+14 anos e adultos)

Exit mobile version