Site icon Crónica3.com A Mariña

Abre a inscrición para as actividades organizadas pola concellería de servizos sociais de Burela

Burela, 9 de setembro de 2016. O vindeiro luns, 12 de setembro, da comezo o prazo de inscrición nas actividades de manualidades, bordados e bolillos, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. As persoas interesadas en participar deben dirixirse en horario de 8 a 15 horas ao Centro de Información á Muller, situado na Casa do Concello.

Patricia Otero sinala que “ditas actividades desenvolveranse entre setembro e decembro. E en vindeiras datas anunciaremos máis prazos de inscrición para anotarse nas novas actividades que ofreceremos desde a Concellería de Servizos Sociais”.

Exit mobile version