Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese ao público unha parte do parque Rosalía de Castro reformada polo Concello de Burela con 40.000 euros

Burela, 23 de setembro de 2016. Ábrese ao público este venres unha parte do parque Rosalía de Castro. Na reforma realizada na instalación o Concello investiu 40.000 euros.

O concelleiro de Obras e Turismo, Ramiro Fernández Rey, explicou que “hoxe abrimos unha parte do parque Rosalía de Castro e a mediados da vindeira semana a outra. O que fixemos foi repoñer solos e cambiamos os xogos da parte superior do parque”.

O edil socialista lembrou esta tarde que “esta obra era moi necesaria e solicitada polos veciños e unha prioridade para este equipo de goberno, xa que éramos conscientes do deterioro que estaba a producirse no parque Rosalía de Castro, e o gran número de usuarios que ten esta instalación. A inversión que realizamos roldou os 40.000 euros e garantirá que contamos cun parque moderno e cunha superficie adaptada ao uso e goce dos nenos e nenas”.

Fernández Rey dixo “nos vindeiros meses vaise actuar en todas as zonas infantís do concello, xa que somos conscientes que nalgunha os xogos non están nas mellores condicións, cousa que xa detectamos en canto entramos no goberno, así que é evidente que unha das prioridades nos vindeiros meses vai ser o arranxo e a adecuación destas zonas de esparcemento dos nenos. Actuaremos sobre todo no parque do Hospital e no do Monte Castelo, porque están moi deteriorados. Para acometer estas melloras tivemos que agardar a ter financiamento, e grazas á Deputación de Lugo xa o conseguimos”.

Exit mobile version