Site icon Crónica3.com A Mariña

ACD Xove de ruta pola Ribeira Sacra

ruta-xoveO pasado domingo 18 de setembro o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse á Ribeira Sacra, para facer unha parte da Ruta da Ribeira Sacra do Miño. Concretamente fixeron dende San Estevo de Atán ata a Cova, con un total de 18,5 km nun día esplendido de sol na Ribeira do Miño (+ de 30 grados), unha ruta preciosa camiñando polo medio dos bancais de viñedos, con visita a Fervenza de Augacaída, o Castro de Marce, a Area Recreativa de A Maiorga, e acabando enfrente a O Cabo do Mundo, na zona de A Cova. En total foron 53 camiñantes, que disfrutaron da Ribeira Sacra, nunha ruta moi bonita; pero con tramos duros, tanto pola calor como por ser “arriba-abaixo” e con grandes desniveis. Ao final remataron cun moi merecido refrixerio no Restaurante-Parrillada A Cova, con vistas o Río Miño e o famoso Cabo do Mundo.

Exit mobile version