Site icon Crónica3.com A Mariña

Albert Rivera: “Pido a quen votou ó PP ou ó PSOE que confíen no novo constitucionalismo, que confíen en Cidadáns”

riverA Coruña, 23 de setembro. “Pido a quen votou ó PP ou ó PSOE que confíen no novo constitucionalismo, que confíen en Cidadáns” afirmou Albert Rivera, Presidente de Cidadáns, durante o acto de peche de campaña da formación laranxa celebrado na Praza de Pontevedra ante máis de 600 persoas.

Rivera pediu a quen xa votaron a Cidadáns o 26 de xuño en Galicia “que volvan confiar” para levar agora “as reformas que Galicia necesita ó Parlamento: Seremos a estabilidade e tamén os cambios en Galicia”.

O líder da formación centrista ha lembrado as maiorías de Paco Vázquez no Concello da Coruña “cando o PSOE tiña un proxecto para toda España” e lamentou que os socialistas decidisen pactar con nacionalistas e separatistas tal e como hoxe coñeceuse reivindicando a “Cidadáns como un proxecto común construído desde o centro político para crear acordos e consensos”

Juan Carlos Girauta, Portavoz de Cidadáns no Congreso dos Deputados, pediu que “ninguén vote co nariz tapado a quen quere que todo siga igual por medo ó populismo porque agora por fin hai unha alternativa nova que pode mellorar as cousas en Galicia”.

Por último, Cristina Losada, candidata de Cidadáns á Presidencia da Xunta de Galicia, pediu sumar “todos os votos de centro” para que “C´s sexa decisivo o domingo e “Feijoo teña que mandar a casa a Baltar e cumprir coas 30 reformas que xa anunciamos que esixiremos para formar Goberno”.

Exit mobile version