Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa San Cibrao celebra a X Semana de Seguridad na Mariña

A X Semana Galega da Seguridade de Alcoa San Cibrao na Mariña, que se celebra do 19 ao 22 de setembro no Auditorio do Concello de Xove, vai centrar este ano na formación en seguridade industrial e estará dirixida a técnicos de prevención, alumnos de ciclos de Formación Profesional e ao público xeral.

As sesións inclúen conferencias sobre transporte e xestión de riscos mercadorías perigosas, seguridade nas máquinas e traballos en altura, e serán impartidas por expertos e técnicos de seguridade do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Garda Civil e empresas colaboradoras.

Os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro respectivamente, e a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Mª Adela Quinzá-Torroja, acompañarán a Miguel Carrillo, Xefe de Saúde e Seguridade de Alcoa San Cibrao, na inauguración das xornadas no Auditorio de Xove, o luns ás 09.00 horas.

O evento, coordinado por Miguel Carrillo, leva a cabo coa colaboración do Concello de Xove, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), FREMAP, así como de distintas institucións e provedores de materiais e servizos de prevención de riscos.

A Semana da Seguridade da Mariña, organizada por Alcoa San Cibrao por décimo ano consecutivo, é a cita anual que congrega a expertos e persoal interesado en seguridade industrial, co obxectivo de fomentar a formación e cultura sobre saúde e prevención de riscos laborais.

Alcoa, líder en España no sector do aluminio, considera que os seus logros en saúde, seguridade laboral e medio ambiente son un dos seus principais indicadores de liderado global. Neste contexto, a fábrica de San Cibrao asumiu o compromiso de traballar de maneira segura e responsable, respectando o medio ambiente e a saúde dos traballadores e da comunidade, sen arriscar este compromiso por razóns económicas ou produtivas.

Exit mobile version