Andrés Nuñez Rajoy reclamou unha educación universal.
Piñeiro Docampo reclamou unha Galicia mellor conectada e con máis oportunidades para a xente nova.
Bascuas reivindicou que CxG é hoxe en día a única opción progresista que pode mudar Galicia.
CxG Lugo entregaba o galardón de Comprometido de Honra 2016 a Manoel Vello Salvado, Secretario de Organización de CxG, como recoñecemento á sua labor.
Para amenizar o acto, contaron coa actuación do grupo humorístico Trípode de Alfoz.