Site icon Crónica3.com A Mariña

Amigos das Viaxes visita a Bretaña francesa

agasallo-br4etanaAmigos das Viaxes visitaron as terras de Bretaña onde intercambiaron agasallos no Concello de Tregasel e de Treguier. No primeiro caso os viaxeiros mariñáns entregaron un lote de libros donados polo Concello e a Deputación para que na Biblio de Tregastel haxa un punto de lectura en galego e castelán con temas de Foz e acordaron a instalación dun panel á entrada dos dous pobos indicando o irmandamento que tamén se reflectirá nos folletos turísticos e páxinas web. O agasallo entregado ao alcalde de Treguier foi doado pola alcaldesa de Mondoñedo. A viaxe continúa por terras de Normandia.

Exit mobile version