Site icon Crónica3.com A Mariña

As obras de arranxo dos danos causados polas chuvias en Burela están a piques de rematar

Burela, 24 de setembro de 2016. Comezaron as obras de arranxo dos danos causados polas chuvias e as inundacións rexistradas en Burela hai uns días, segundo anuncia o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.

O edil sinalou que “este venres empezaron a colocar parte da tubaxe que rompeu hai uns días por mor das fortes chuvias que se produciron no noso pobo hai uns días. O treito que resultou máis afectado foi da confluencia das rúas Arcadio Pardiñas e Pascual Veiga e aí onde se está a actuar desde este venres. Calculamos que ese traballos rematen luns ou martes da vindeira semana”.

Ramiro Fernández Rey pediu desculpas “polas molestias que se poidan ocasionar sobre todo no tráfico rodado” e engadiu que “cando rematen estas obras seguiremos por outras zonas que tamén resultaron conflitivas e onde se rexistraron problemas no saneamento e tamén na recollida de augas”.

O concelleiro de Obras subliñou que “desde o Concello traballaremos para evitar que estas incidencias volvan producirse, aínda que cando cae tanta auga en tan pouco tempo é moi difícil que non se rexistren asolagamentos. Do que se trata é de minoralos”.

Exit mobile version