Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro podios e dous récords galegos para o Egovarros en Marín

O pasado sábado celebrouse na localidade pontevedresa de Marín, o Campeonato de España de Milla en Ruta, no que os atletas do clube viveirense estiveron a un nivel moi alto, sobre saíndo sobre todo José Rioseco, que se proclamou campeón de España de M75 batindo ó mesmo tempo o record galego, nesa mesma categoría o seu compañeiro Antonio Cabana fíxose coa medalla de prata.

No apartado femenino, na categoría de W50, Susana Paguiña subiu ó podium na terceira posición e a súa compañeira Begoña de Arriba en W60 tamén acadou a medalla de bronce, batindo ó mesmo tempo o record galego.

Neste campeonato demostrouse unha vez máis o bon nivel que teñen os atletas do C.D. Egovarros-Viveiro, que só lles faltan dúas probas para rematar a temporada, como son o Campeonato Galego de 10 km en ruta e o Campeonato Galego de Media Maratón.

Dende a directiva xa se está planificando a nova temporada, estando en contacto cos atletas para a renovación de fichas e para novas incorporacións.

Exit mobile version