Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre ‘Cálculo de emisións CO2’ en Burela

charl-mobOs alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Perdouro recibiron este xoves unha charla sobre Cálculo de emisións CO2, impartida polas monitoras de Gaia. O obxectivo pasa por “concienciar aos rapaces da importancia de desprazarse a pé ou en bici en traxectos curtos e diminuír o uso do vehículo privado”. A actividade enmárcase dentro da programación da Semana Europea da Mobilidade, que organizou o Concello burelés e que hoxe chega ao seu fin, e que contou con moitísima participación durante todos estes días. A última actividade da SEM é o circuíto móbil de educación vial, que esta tarde seguirá instalado na praza do Concello de 17:30 a 19:30 horas.

Exit mobile version