Site icon Crónica3.com A Mariña

Circuíto de educación vial móbil en Burela

circuit-burSeguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade. O martes pola tarde inaugurouse un circuíto de educación vial móbil, que o Concello adquiriu para apostar firmemente pola educación vial dos máis pequenos. En bicicletas ou karts a pedais os rapaces puideron gozar do circuíto e aprender algo máis sobre sinais de tráfico e normas de circulación básicas. Este circuíto estará hoxe, mércores, e mañá ubicado na praza do Concello entre as cinco e media e as sete e media da tarde.

Exit mobile version