Site icon Crónica3.com A Mariña

Clásico da Primeira División na segunda xornada da Liga para as laranxas

O Burela Pescados Rubén afronta o sábado 17 unha etapa de montaña na súa visita á Estación onde se medirá ao Atlético Féminas Navalcarnero. O clásico da Primeira División comeza ás 20:00 horas e a escuadra burelista encara a segunda xornada con “ánimo de revancha trala Supercopa de España” manifestou o técnico laranxa, Iván Cao, que vaticina un duelo “moi diferente aos que tivemos na Supercopa. Agora temos o persoal ao completo coa chegada de Cilene, Rarine Betim e Shiori. A súa participación é un plus para o equipo en todos os sentidos”. Ambos conxuntos venceron na xornada inaugural da competición e aínda que o factor cancha outorga “certa vantaxe ao Atlético xa que na Estación sempre é moi complicado puntuar queremos conquistar os tres puntos, somos unha escuadra competitiva e a xogadoras están moi motivadas para este partido”.

Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Dany 6. Silvia 7. R. Betim 9. Sabela 10. Lara 13. Nerea 14. Bea Mateos 16. Cilene 17. Sofía 18. Shiori 26. Elvira

Exit mobile version