Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan en Barreiros os cursos de manualidades

Barreiros, 21 de setembro de 2016. O vindeiro 3 de outubro darán comezo os cursos de manualidades, que organiza o Concello barreirense a través do departamento de Servizos Sociais.

Os cursos impartiranse os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no canteiro en San Pedro. Os mércores de 15:30 a 19:30 horas no local social de San Xusto e os xoves no mesmo horario, de tres e media a sete e media da tarde, nas escolas en Celeiro de Mariñaos.

Segundo sinalan desde Servizos Sociais “para asistir non é necesario inscribirse previamente, chega con acercarse ao lugar no que se imparten os días sinalados”.

Exit mobile version