Site icon Crónica3.com A Mariña

Con pólvora e magnolias. A xustiza que ven de Europa, camiñando tras dela

O Tribunal de Xustiza da UE segue marcando datas no almanaque xudicial patrio e, o que todavía reviste máis importancia, continúa sinalando a pauta no que á lexislación española se refire. E dita circunstancia non é baladí, senón que determina a incapacidade do noso lexislador de adaptarse ao marco de convivencia supranacional do club europeo.

O pasado martes día 20 a máxima institución xudicial europea determinou como contrario a dereito o criterio indemnizatorio español en relación cos despedimentos derivados de contratos de traballo por interinidade ou temporais.

O conflito xurdiu en torno á reclamación dunha empregada do Ministerio de Defensa, Ana de Diego Porras, que motivaba a súa causa no inxustificado tratamento indemnizatorio que recibía como consecuencia da súa condición de interina.

Na normativa laboral do noso país contemplase unha indemnización que vai de 8 a 12 días de salario por ano traballado no caso de traballadores interinos ou con contratos temporais, e fíxase unha de 20 días no suposto de despedimento por causas obxectivas.

Non entendendo o porqué de dita circunstancia a traballadora en cuestión decidiu poñer a súa petición nas mans da xustiza, e o alto Tribunal Europeo foi claro ó respecto: “O mero feito de que este traballador prestara os seus servizos en virtude dun contrato de interinidade non pode consituir razón obxectiva que permita xustificar a negativa a que o mesmo teña dereito á mencionada indemnización.”

Coido que o máis importante nestes casos non é tanto a solución final senón as circunstancias que anteceden e preceden:

Si empezamos polo final, o que agora se aveciña é un aluvión de accións xudiciais de cantidade de traballadores nun marco laboral onde a temporalidade cada vez ten máis presenza.

Cumpre unha reflexión seria sofre a ineficiencia do lexislador español: nun contexto de “diarrea lexislativa” absoluta, onde se están aprobando leis a cotío a golpe de real decreto, resulta sumamente difícil manter unha coherencia de fondo, harmonizar o contido das diferentes normas que integran o noso ordenamento xurídico.

Finalmente, se analizamos a cuestión dende unha perspectiva política, certo é que forma parte da potestade dos nosos representates o lexislar dun xeito ou outro –establecer políticas laborais que fagan máis ríxido ou flexible o mercado laboral -, pero a veces da a impresión de que, a forza de imprimir leis sen parar, nin sequera son capaces de dar algo de coherencia ó conxunto das mesmas. Mal presaxio pois.

Lembrándome daquela escena na que Humpfrey Bogart se despide no aeródromo de Casablanca de Ingrid Bergman, con aquela frase que xa é parte do imaxinario colectivo: “sempre nos quedará París”, neste caso, e no que a despedimentos laborais se refire, podemos concluír que sempre nos quedará Luxemburgo.

Pablo

Exit mobile version