Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de inicio do curso 16/17 da Escola Municipal de Música de Xove

concer1O ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 150 alumnos/as) acollía ás 10.45 horas e o do IES Illa de SArón (para uns 100 alumnos/as) ás 12.00 horas acollían un pequeno concerto catro profesores da Escola Municipal de Música de Xove (cuarteto composto por dous violíns, unha viola e un chelo).

Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.

Con estes dous concertos abreuse o curso 2016-2017 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música para o Curso 2016-2017.

Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Exit mobile version