Site icon Crónica3.com A Mariña

Da Festa da Faba a Londres

da-terrinaEn plena celebración da XXVI Festa da Faba, o 1 e o 2 de outubro, Terras da Mariña terá a disposición dos visitantes tódolos seus produtos en dous stands colocados na Praza do Conde Santo. Ademais, tanto o sábado como o domingo dará a degustar os seus produtos elaborados en conserva: ensalada de Fabas de Lourenzá, fabas de Lourenzá con Bacalao, Fabas de Lourenzá con Callos, Fabas de Lourenzá con Setas e Fabas de Lourenzá con Pulpo.

Ademais, terá a venda I.X.P. Faba de Lourenzá en envases de 1 e 1/2 kg, Faba Verdiña en envases de 1 e 1/2 kg, Faba Galaica a Granel, Faba Galaica en Fresco, Faba en Vaina, Fabas de Cores, etc.

Ademais proxectaremos vídeos sobre todo o proceso productivo da Faba para que todos poidades comprobar o mimo e a dedicación que reciben as nosas Fabas.

E tódolos socios estaremos á disposición para calquera dúbida ou información que precisen os visitantes.

Regent’s Park
E o luns día 3, Terras da Mariña estará en Londres, promocionando os nosos produtos no Meliã White House en Regent’s Park, Londres, continuando así co noso plan de Internacionalización e promocionándonos por Europa. Ademais de dar a oportunidade a tódolos intermediarios, importadores, restaurantes etc. de coñecer de primeira man os nosos produtos, elaboraranse tapas con Faba de Lourenzá e Faba Verdiña así como un menú especial no que tamén estarán presentas as Fabas de Lourenzá Mariña Selecta e as Fabas Verdiñas Da Terriña de Terras da Mariña S. Coop. Galega, para que todo o mundo poida probar e contrastar as súas calidades e texturas.

Esperando non defraudar en Londres, Terras da Mariña continúa promocionándose en Europa e dando a coñecer a Faba de Lourenzá no exterior.

Exit mobile version