Site icon Crónica3.com A Mariña

Derbi galego para inaugurar a Liga en Vista Alegre

Vista Alegre inaugura a competición ligueira cun derbi irmandiño entre o Burela Pescados Rubén e o Cidade das Burgas que se disputa o sábado día 10, a partir das 18:30 horas. Ambos conxuntos inician unha tempada con cambios significativos nas súas filas. A escuadra laranxa, comandada por Iván Cao, inicia un novo ciclo cunha mestura de mocidade e experiencia mentres que as ourensáns manteñen a súa filosofía de canteira aínda que esta tempada perderon potencial coa marcha de Vane Sotelo e Lucía Nespereira, referentes en tempadas anteriores do conxunto dirixido por Manolo Codeso.

Malia os cambios, o derbi galego preséntase cos condicionantes habituais deste tipo de choques; máxima intensidade, emoción, nervios,…O técnico burelés considera que os tres puntos do derbi “teñen que quedarse en Vista Alegre, creemos na vitoria. O Cidade é un equipo cun espírito competitivo que sempre che esixe concentración, malia as baixas de Vane Sotelo e Lucía Nespereira estou seguro que manteñen esa filosofía. Un triunfo nesta primeira xornada xeraríanos maior confianza para afrontar os próximos duelos con máis seguridade”. Na mesma dirección manifestouse Dany, a brasileira de Burela Pescados Rubén é un referente para o seu equipo e declarou estar convencida de que “imos ver a un Burela Pescados Rubén competitivo, iniciamos unha nova etapa cunha boa mestura de veteranía e mocidade. Traballamos moi ben durante a semana para preparar este inicio de Liga e empezamos a competición ante a nosa afección que sempre é un plus para nós. Este equipo sempre vai defender ao Burela Pescados Rubén con orgullo e a nosa afección pode estar convencida que nos baleiraremos na pista en cada xornada”.

Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Dany 6. Silvia 10. Lara 11. Helena 13. Nerea 14. Bea Mateos 15. Judith 16. Cilene 18. Shiori 19. Paula 26. Elvira

Exit mobile version