Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous feridos nun accidente múltiple en Viveiro

Ata 3 accidentes múltiples ocorrían este luns 12 de setembro en Galicia. En Viveiro, cando estaban a dar as 12.00 horas, tiña lugar un deles na Rúa Cantarrana. Dúas das persoas implicadas no accidente tiñan dores en peito e caluga e foron atendidos polos servizos sanitarios de urxencia.

O persoal do 112 Galicia pediu axuda aos profesionais de Urxencias Médicas, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Exit mobile version