O grupo de teatro Down Lugo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contou con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. Na actualidade está formado por 19 actores e actrices afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 18 e os 48 anos.
Ao longo da súa traxectoria, o Grupo de teatro Down Lugo representou obras como Eu respecto as normas, e ti?, A viaxe da vida, Down Up, Sono dun día, O circo dos doce puntos, Amor, Montaxe de terror, Gritos, O clube da comedia viaria, O bar da esquina, Televisión, Dimes e diretes e Conto de Nadal.
Conto de Nadal (Todos os públicos)
É Nadal, na rúa hai un coro, unha mendiga, unha nai co seu carriño de bebé, unha gran familia e unhas mulleres de compras. Que pasará? O vello Scrooge afronta o Nadal de novo con moito rencor e cheo de resentemento. Pero un vello amigo faralle unha visita. El e alguén máis.
Autoría: obra de Charles Dickens versionada e adaptada por Paloma Lugilde
Directora: Paloma Lugilde Rodríguez
Elenco: 19 actrices e actores
Duración: 60 minutos.