Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea xúntase con expertos do sector leiteiro para unha mesa redonda sobre a materia

LUGO, 23 de setembro de 2016.- O número tres da lista por Lugo, Víctor Álvarez, participou este venres nunha mesa redonda organizada dende En Marea sobre a situación do sector leiteiro. No coloquio, que se celebro na casa do Concello da Pastoriza, participaron diversas persoas expertas na materia, e asistiron profesionais do agro galego.

O discurso dos intervintes,entre os que había representantes de distintas asociacións gandeiras, organizacións sindicais e persoal investigador, centrouse nas dificultades que está a sufrir o sector debido ás duras políticas europeas e autonómicas. Do mesmo xeito, indicouse que é preciso repensar o modelo produtivo para non desvincular a investigación da produción e favorecer a creación de empresas no país adicadas á transformación e a aportar un valor engadido ao leite.

Álvarez expresou a súa satisfacción pola organización da mesa redonda, na que “realmente se aprenden os problemas do sector, fuxindo de tópicos ideas preconcebidas”. O candidato indicou a importancia de manter este tipo de xuntanzas a partir do día 26 de setembro e normalizar o diálogo entre representantes públicos e técnicos e expertos do sector.

Exit mobile version