Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana nos Ancares de “Terras de Lourenzá”

Unha vintena de membros da Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá desprazáronse esta pasada fin de semana ata os Ancares, onde realizaron un par de Rutas.

O sábado, 17, realizaron a “Ruta da subida ó Pico dos Tres Bispos”; esta primeira andaina tiña unha distancia de 14kms e dificultade alta. Unha vez rematada a camiñata, pasaron a tarde na aldea prerromana do Piornedo, onde se aloxaron esa noite. Durante a tarde puideron dar un paseo polo pobo e visitar a palloza-museo do Sesto.

Na xornada do domingo,18, a camiñata escollida foi un paseo polo entorno do Piornedo, un percorrido duns 4kms e dificultade baixa, que os levou ata un bosque onde puideron admirar exemplares de carballos centenarios. Ó remate, desprazaronse en autobús ata o mirador do Porto dos Ancares, onde desfrutaron das vistas, por unha banda a provincia de Lugo, e enfronte, a de León. A comida de mediodía foi no lugar de Leones de Balouta, pertencente a León, no que tamén puideron gozar dun pequeno paseo.

Finalmente, no camiño de volta, fixeron unha pequena parada no Concello de Navia de Suarna, onde puideron admirar a súa afamada ponte.

Exit mobile version