Site icon Crónica3.com A Mariña

Grandes resultados para os atletas do Lourenzá

O Club Atletismo Lourenzá tiña representación en varias probas populares da fin de semana:

O sábado 24 de setembro á mañá varios membro do club: Jose, Rubén García, Vanesa, Moisés e Inma quen vestía por primeira vez a camiseta do noso club, desprazáronse ata Burela para participar na proba SILVER de 7 km da carreira benéfica “Alas de vida”. Moi bos resultados dos nosos compañeiros que lograron postos moi vistosos da xeral, especialmente RUBEN GARCIA (6 da xeral/ 2 categoría), JOSE (8 da xeral/ 3 categoría)
MOISÉS (4 da categoría) e INMA (3 da categoría).

Na proba GOLD de 21 km que organizaron paralelamente á de 7 km, animáronse a participar 3 atrevidos do club: MARCOS que entraba 4 da xeral e 4 da súa categoría ao coincidir que os tres primeiros eran casualmente “senior”, MARISA quinta muller en entrar en meta e cuarta da súa categoría senior e LUÍS LONGARELA, noveno da súa categoría.

Ese mesmo sábado á tarde JUAN e LOLI desprazáronse ata Marín para participar na súa milla popular (1609 m), onde LOLI se colocaba terceira veterana A en meta sendo 17 na xeral feminina.

O domingo á mañá foi ÁLEX quen se dirixiu a Oviedo para participar na II edición da Carreira Popular HUCA (hospital universitario central asturiano), unha proba de 10 km na que participaron 570 atletas e onde ALEX entro no posto 23 da xeral absoluta (16 da súa categoría) cun tempo de 39 minutos 59 segundos.

Exit mobile version