Site icon Crónica3.com A Mariña

Henar e Ían Méndez triunfan en Marín e Ainara, Ana e Carme suben ao podio en Burela

O pasado sábado Henar e Ian participaban na prestixiosa Milla de Marín en Pontevedra, que coincidía co Campionato de España para categorías absolutas.

Henar en benxamín feminino alcanzaba o subcampionato cun tempo de 3,58 sobre a distancia de 1000 metros. E Ían en alevín masculino lograba facerse co bronce cun tempo de 3,58 tamén nos 1000 metros.

Solidaria Alas de Vida en Burela
Ainara, Ana e Carme asombraron na solidaria Alas de Vida de Burela completando o podio feminino na proba de 7 quilómetros.

Cun tempo Ainara Rguez. de 27,36 (a 3,56 o kilómetro), Ana Vallines 28,23 (4,03) e Carme Alonso 30,13 (4,18); estas superatletas do Maderas Barcia Lourenzá sorprenderon á multitude congregada en Burela.

Participaron na proba ademais Pablo Irimia, 5º sub-18 cun tempo de 28,24, e regresou á competición Hugo Villalba (7º da súa categoría).

Exit mobile version