Site icon Crónica3.com A Mariña

Inspección Técnica de Vehículos no mercado de Lourenzá do 20 ao 23 de setembro

Lourenzá, 16 de setembro de 2016. Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden chamar ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

Ademais no bando da alcaldesa indica que “a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.

Exit mobile version