Con este, a asociación leva 39 anos celebrando en Foz esta festa popularmente chamada “La Santina “.
Foi no ano 1978 cando por motivos laborais integrámonos na Mariña de Lugo un colectivo de asturianos, e dende ese ano nunca deixamos de rendir unha homenaxe á Virxe de Covadonga.
A festa comezará cunha misa cantada e posterior concerto na Igrexa parroquial de Foz.
A continuación gran espicha con remate de verbena na sala Bahía.
Invitamos a participar a asturian@s e galeg@s que desexen pasar unha bonita xornada.
Os interesados en participar poden chamar aos tfnos.
676420871 – 982141480