Site icon Crónica3.com A Mariña

Liga Céltica Galaica organiza o décimo quinto Encontro dos Penidos

penedosA Asoc. Ecocultural LIGA CÉLTIGA GALAICA en colaboración co BAR SAN PEDRO (Alfoz) organiza o XV ENCONTRO NOS PENIDOS (roteiro arqueolóxico) pola parroquia de San Tomé, O VALADOURO, na Serra do Xistral para o sábado 1 de outubro a partir das 10.00 horas con saída dende a Casa da Cultura “Manuel Lourenzo”, de Ferreira do Valadouro.

En chegando á area do roteiro, estacionaranse os vehículos no espazo de lecer situado a carón do curro da rapa. Ao remate da camiñada xantarase no mesmo lugar.

Visitaremos: A anta do Padorno, o círculo lítico do Prado das Chantas, o complexo pétreo das Parañoas e moitos máis lugares (pedrafitas, mámoas, arcas, croas…) de interese, sitos no lugar que vimos denominando PARQUE ARQUEOLÓXICO DOS PENIDOS.

Aínda que non é preciso apuntarse con antelación, gustaríanos ter unha idea aproximada do número de participantes, polo que vos rogamos que nos comuniquedes a vosa asistencia neste mesmo enderezo electrónico ou no telf. 600378363 (tamén whatsapp).

Á noite haberá unha cea de confraternidade organizada pola LCG, quen desexe participar deberá apuntarse antes do 28 de setembro a través do móbil sinalado anteriormente (tamén whatsapp).

A cea terá lugar no Bar San Pedro (Correlos, 19-Mor, ALFOZ. Telf.: 982558411); este mesmo estabelecemento ofrece hospedaxe, polo que, quen desexe facer noite no Valadouro poderá ficar a durmir no mesmo local da cea.

Recomendacións
Cada participante deberá levar o seu xantar. Recoméndase levar calzado axeitado (botas ou tenis ferrudos).

Exit mobile version