Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Gago ofrece no Vicedo a conferencia “Pantasmas do mar. Vikingos e outros piratas na Galicia medieval”

O Vicedo, a 09/ 09/ 2016.- As asociacións Mariña Patrimonio e Nordés Faladora vimos de organizar para o sábado 10 de setembro unha conferencia a cargo do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago Mariño, co título “Pantasmas do mar. Vikingos e outros piratas na Galicia medieval”. Esta actividade, con entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 20.00 horas na Casa de Cultura do concello do Vicedo.

A xornada completarémola cunha visita ao mosteiro de San Miguel na illa Coelleira, que partirá do porto de O Vicedo ás 10.00 horas e ás 14.30 horas haberá un xantar na Casa Fanego de San Román. A visita á Coelleira e o xantar xa teñen todas as prazas cubertas.

Rematado o xantar, achegarémonos ao xacemento arqueolóxico de Os Moutillós.

Exit mobile version