Site icon Crónica3.com A Mariña

Marcos Rodríguez, único do Atletismo Lourenzá en subir ao podio

carbaTres membros do Club Atletismo Lourenzá participaban o sábado 17 de setembro na V Carreira Popular “Entre Pazos e Carballos”.

En xeral, bos postos na xeral para Rubén Piñeiroa, Juan Méndez e Loli Piñeiro. O primeiro percorría unha distancia de 7400 metros en 30 minutos 50 segundos.

Valdoviño
E o domingo 18 pola mañá tamén houbo representación na Milla Popular de Valdoviño con MARCOS RODRIGUEZ e MARISA ARES.

Marcos lograba o único podio da fin de semana ao entrar cuarto da xeral (xuvenís, senior e veteranos A) e terceiro da súa categoría. Marisa Ares, pola súa parte, quedaba preto do podio ao ser a cuarta muller en entrar en meta e a cuarta veterana A.

Exit mobile version