Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural fai efectivo o pago doutros 4 millóns de euros das axudas da PAC e para zonas desfavorecidas

A Consellería do Medio Rural fixo efectivo este venres o pago dun total de 4 millóns de euros en axudas para o campo. A maioría, 3,34 millóns de euros, correspóndese cos pagos directos da PAC da que xa se levan aboados 175 millóns de euros, a maior cantidade na historia destas axudas en Galicia.

Destas achegas beneficiáronse 2.668 agricultores e gandeiros, a inmensa maioría correspondentes co pago básico. Pero tamén se inclúen suplementos para os novos agricultores que comezan a súa actividade e axudas acopladas á produción, segundo o número de animais da granxa (vacas nutricres, de cebo ou leiteiras).

Respecto aos 0,66 millóns restantes están destinados a axudas a zonas con limitacións naturais e zonas de montaña do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, cofinanciadas con fondos europeos.

Exit mobile version