Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle o vindeiro venres unha actividade informativa sobre o VIH SIDA

Mondoñedo 6 de setembro de 2016.- A Concellaría de Educación e Xuventude e a Asociación Aseduc organizan este venres, 9 de setembro, unha nova actividade informativa sobre o VIH SIDA, que se inclúe no programa Infórmate…perde o medo, un proxecto de loita, acompañamento, prevención e información do VIH, SIDA pensado para aqueles lugares que menos capacidade teñen para ser beneficiarios deste tipo de actuacións.

O stand permanecerá aberto na Casa do Concello de 18:00 a 20:00 horas.
Entre os obxectivos do programa atópase mellorar a información, formación e prevención do VIH, concienciar das vantaxes do uso do preservativo, formar a pares e voluntarios mantendo a perspectiva de xénero, así como conseguir o impacto necesario nos medios de comunicación.

Probas rápidas do VIH

Ademais, o mesmo venres de 16:30 a 18:00 horas e dentro do mesmo programa Infórmate…Perde o medo, faranse probas rápidas do VIH a persoas con prácticas de risco, de xeito totalmente anónimo, no Centro de Información da Muller de Mondoñedo, situado na Avenida Obispo Fernández de Castro, no Barrio dos Muíños.

Exit mobile version