Site icon Crónica3.com A Mariña

Morre un ancián ao caer dunha escaleira na Pontenova

Un ancián falecía este mércores na Pontenova ao caer dunha escaleira. Os feitos producíronse na propia vivenda da vítima, situada no lugar de Eirexúa, na parroquia de Xudán.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos minutos antes das 16.45 horas, a través de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios enviaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que nada se puido facer por salvarlle a vida ao home. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 púxose a situación en coñecemento de Protección Civil, do GES da Pontenova e da Garda Civil.

Exit mobile version