Site icon Crónica3.com A Mariña

Nace a Escola de Idiomas do colexio Martínez Otero de Foz

Este ano académico o Colexio Martínez Otero de Foz conta con moitas novidades e unha delas é a da creación da Escola de Idiomas. Este proxecto céntrase no ensino de linguas estranxeiras en horario extraescolar e está dirixido a todo o alumnado das diferentes etapas educativas.

A calidade no proceso de aprendizaxe quere ser unha das máximas da Escola. Así, os grupos serán reducidos e homoxéneos, o alumnado terá un seguimento personalizado con informes pedagóxicos trimestrais e tamén terán a posibilidade de concertar entrevistas de titoría co persoal docente. Ademais, en función da evolución e do nivel, o alumnado, a partir de 3º de Primaria, terá a posibilidade de presentarse aos exames oficiais de Cambridge e Trinity.

Desde a Escola de Idiomas do Martínez Otero tamén se contempla a posibilidade de abrir un grupo de “pais/nais e exalumnos” se hai demanda abonda.

O prazo para se anotar remata o 23 de setembro e o comezo das aulas terá lugar o 1 de outubro. Se se precisa máis información ao respecto os interesados e interesadas poden acudir ao Colexio ou chamar ao teléfono 982 140 028.

Exit mobile version