Site icon Crónica3.com A Mariña

Novos cursos para formadores en Academia A Mariña

Burela, 22 de setembro de 2016. Academia A Mariña impartirá a terceira edición do curso Docencia da formación profesional para o emprego, na modalidade en liña.

Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “en Academia A Mariña os asistentes poderán obter o título oficial de docente, expedido polo SEPE. E ademais ofrecemos a posibilidade de conseguir a acreditación de docente para teleformación: formador en liña, a través dun curso de 60 horas de duración, que é imprescindible para ser titor en teleformación”.

Ramón Hermida explica que “Docencia da Formación Profesional para o Emprego, en modalidade en liña, é un certificado de profesionalidade de Nivel 3, con equivalencia a técnico superior que capacita para ser docente de acordo ás prescricións que veñen marcadas en cada BOE. Este certificado será impartido de maneira privada, non financiado con fondos públicos. Esta será a 3ª edición. A importancia deste certificado de profesionalidade radica na súa capacitación para poder ser docente dentro da formación profesional para o emprego. Ten unha duración de 340 horas con prácticas en empresas”.

O director de Academia A Mariña engade que “dentro da formación profesional aparece un novo perfil, ademais do de Docente, que é o de titor cunhas esixencias formativas que son esixibles para aqueles profesionais que queiran traballar nese campo e que debe estar certificada dita formación mediante un curso de 60 horas de duración e que se denomina Acreditación de Docentes para Teleformación en liña”.

Hermida subliña que “estes dous cursos abren as portas a un novo campo de traballo, o da formación profesional para o emprego, ao que poden optar licenciados, diplomados, técnicos, etc”.

A terceira edición do curso Docencia da formación profesional para o emprego, na modalidade en liña, dará comezo en breve. As persoas interesadas en obter máis información poden solicitala no seguinte número de teléfono 900 101 362 e na seguinte dirección de correo electrónico formacioncontinua@amarina.org.

Exit mobile version