Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e o concelleiro de deportes asisten á inauguración da nova sala de actividades dirixidas da piscina municipal de Ribadeo

piscina-ribRibadeo, 30 de setembro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, asistiron á inauguración da nova sala de actividades dirixidas coa que conta a piscina municipal. No acto estiveron o director general do Grupo Serviocio, Roberto Ramos, e o director da instalación, Javier Canel, entre outros.

Na súa intervención o rexedor salientou que “no Concello estamos moi orgullosos de que isto estea indo ven como está indo. Esta infraestrutura municipal que desde o ano 95 foi un referente para toda A Mariña e que entrou en competición directa naqueles momentos nos que ningún lugar da Mariña, tal vez en Xove e nalgún concello máis había piscina, pero vinte e pico anos despois segue sendo un referente diversificando e ampliando con máis sitio para todos e para todas. Hai sitio para nadar e para facer outro tipo de deportes acordes cos tempos”.

Fernando Suárez dixo que “para nós este período concesional que empezou no 2006 por 25 anos e que o está levando a empresa Serviocio, agora se chama BeOne, desde o Concello estamos francamente tranquilos porque vemos que se ben é un edificio ao que hai que facerlle continuamente mantemento, é un edificio ao que nos últimos anos xa lle foron facendo cousas”.

O rexedor ribadense lembrou que “eu de todas as que se fixeron hai unha moi importante para min, hai tres anos que se minimizou o cloro da auga a través dos novos sistemas de raios ultravioletas e iso é moi importante sobre todo para a saúde, para os ollos, para a comodidade, et. Agora precisamente tocaba neste ano 2016 modernizar unha parte do equipamento, tal e como estaba establecido na concesión administrativa. Había unha parte que era necesario cambiala si ou si porque a maquinaria estaba obsoleta e había outra parte que non era necesario. Polo tanto aceptamos a proposta deles de ampliar as instalacións, urbanisticamente era posible, quedaba aquí un recuncho que non estaba utilizado e preferimos trocar esa posibilidade que había doutra maquinaria por esta sala con nova maquinaria tamén para intentar seguir sendo punteiros en toda A Mariña. Para seguir ofrecendo os servizos que xa se facían, pero xunto con estes novos que desde o punto de vista do núcleo familiar, que é o que queremos desde o Concello porque nesta piscina se aposta polo individual, pero sobre todo pola cuestión familiar de abonados, de grupos, que poida todo o mundo vir, os máis maiores e os máis pequenos que poidan ter a súa vida deportiva aquí na piscina municipal de Ribadeo”.

Finalmente Fernando Suárez referiuse á empresa concesionaria querendo “valorarvos o traballo e o compromiso, porque podo dicir que despois de bastantes reunións técnicas e xurídicas para facer as cousas ben, podo dicir que está todo moi ben feito. Como ben dicían eles isto é para todos os veciños e veciñas de Ribadeo e para os de toda a comarca”.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, David Rivas, manifestou que “consideramos que vai aportar un incremento da oferta deportiva do centro. Sabemos que as preto de 1.800 persoas usuarias da piscina municipal ademais dos servizos que tiñan ata o de agora como piscina, os circuítos do spa ou o propio ximnasio, agora van verse beneficiadas sen un aumento do custe da cota que iso tamén é de resaltar, van verse beneficiadas dunha serie de actividades dirixidas que se van celebrar nesta sala”.

O edil ribadense engadiu que “estas actividades están sendo moi demandadas en todos os centros deportivos e ximnasios como poden ser spinning, bodycombat ou incluso zumba, que aínda que levan unha carga de traballo cardiovascular moi intensa si que é certo que ao practicarse ao son da música para moita xente pode ser moito máis atractivas e levadeiras que estar correndo media hora nunha cinta”.

O responsable de Deportes salientou que “para nós é motivo de satisfacción. É certo que algunhas desas actividades xa se levaban a cabo antes, pero ao non haber unha sala deseñada e habilitada especificamente para a súa práctica case se vían un pouco relegadas a un recuncho do antigo ximnasio. Con estes 140 metros cadrados o que imos conseguir vai ser por un lado ter un aforo amplo para a práctica delas, poder acoller a máis xente nestas actividades e tamén aliviar un pouco a carga doutro ximnasio, que é certo que a determinadas horas do día se queda un pouco pequeno”.

David Rivas engadiu que “estamos convencidos de que a xestión desta sala vai ser exemplar por parte do grupo Serviocio BeOne ao igual que está sendo o resto da xestión da instalación, desde aquí penso que é de xustiza recoñecer o traballo que levan facendo durante todos este anos e que isto sexa o comezo dunha traxectoria exitosa e dun uso intenso desta nova sala”.

O director general do Grupo Serviocio, Roberto Ramos, manifestou que “se trata de una sala de 140 metros cuadrados para la realización de todo tipo de clases que hasta ahora no podíamos ofrecer. Contará con todo el material fitness de última generación necesario para la realización de múltiples actividades así como la maquinaria más novedosa del sector. Se ofertarán desde actividades de alta intensidad como BodyCombat o BodyPump a actividades de gimnasia con una intensidad menor como BeSalus oBeCore. También habrá clases de ciclo indoor o algunas tan de moda en el mundo del fitness como el BeCross. También hemos realizado una renovación de los equipos de cardio de la sala fitness, un total de 9 nuevos equipos de última generación. En total la inversión realizada ha ascendido a 150.000 euros”.

Exit mobile version