Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta unha moción para que a Deputación leve aos escolares dos centros públicos a visitar os Museos da Rede Provincial

bng-mocion-musLugo, 23 de setembro 2016. É un feito coñecido que a boa calidade que teñen os museos pertencentes á Rede Museística no se corresponde co coñecemento existente deles, sobro todo dentro da propia provincia. Ao mesmo tempo, tamén é algo coñecido a necesidade e as dificultades que os centros públicos teñen de deseñar actividades que poidan ser desfrutadas por todo o alumnado, dados os recortes nos seus orzamentos que levan sufrindo dende hai anos.

Deste xeito, o BNG propón que a Deputación financie as viaxes de todo o alumnado dos centros públicos que desexe visitar algún centro da rede museística, conseguindo deste xeito que teñan acceso a una importante fonte de coñecemento, tanto histórico como cultural, converténdose nunha ferramenta fundamental para axudar á súa formación, tanto no aspecto académico como persoal, así como ao coñecemento do seu propio país.

Espallar e fomentar o coñecemento destes centros culturais entre as nenas e nenos de hoxe será a mellor garantía de que estes museos sexan coñecidos e valorados polo conxunto da cidadanía da provincia e converterase na mellor ferramenta publicitaria que se poida usar para que esta rede museística sexa coñecida dentro e fóra da provincia.

“A elaboración e proposta por parte da Deputación de plans deste tipo, onde toda a cidadanía teña acceso a estes proxectos, e a forma máis efectiva de que os fondos da institución teñan unha correcta e xusta distribución por toda a provincia, sen que se poidan manipular en función das cores políticas dos gobernantes”, manifestou Xosé Ferreiro, voceiro do BNG na Deputación de Lugo.

Exit mobile version