No Centro de Saúde de Ferreira están a levarse a cabo unhas obras no acceso para discapacitados e persoas con mobilidade reducida, tales reformas están a afectar ao tránsito cotián dos doentes que visitan as devanditas instalacións para acceder aos servizos sanitarios (consultas, ATS, etc.), xa que estes traballos están a efectuarse no horario de consultas médicas, afectando negativamente ao movemento e afluencia de enfermos, persoal laboral e usuarios en xeral.
Este feito demostra a nula sensibilidade da institución competente en materia sanitaria, sobre todo tendo en conta que estamos a falar dun servizo público ao que acoden, maioritariamente, veciños de idade avanzada, vítimas de accidentes e persoas enfermas en xeral.
Desde o BNG consideramos que calquera obra no Centro de Saúde debería levarse a cabo fóra do horario de consultas (lembremos que a partires das 3 da tarde este ambulatorio pecha ao público, mais si accede, por exemplo, o persoal de limpeza), para evitar molestias e interferencias aos usuarios.
Por outra banda, parécenos dubidoso, descarado, sospeitoso e mesmo contrario á lexislación.
Se non se poden levar a cabo inauguracións durante a campaña electoral; como se pode efectuar unha obra que busca o electoralismo descaradamente, aínda poñendo en risco a comodidade e seguridade dos usuarios do Centro de Saúde?
O máis grave a nivel legal é o seguinte: Esta obra está a facerse sen licenza municipal.