Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio electorial da Casa da Cultura de Foz trasládase á Delegación de Facenda para as eleccións autonómicas deste domingo 25

Foz, 23 de setembro de 2016. Para as eleccións autonómicas que se celebran este domingo, día 25, o colexio electoral con 2 mesas que estaba na Casa da Cultura de Foz trasládase á Delegación de Facenda, na rúa Álvaro Cunqueiro.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou hoxe que “para estas eleccións autonómicas hai un novidade nun dos colexios electorais, pois das 15 mesas que hai no concello dúas delas, concretamente as que se situaban ultimamente na Casa da Cultura, pasan para a Delegación de Facenda, na rúa Álvaro Cunqueiro. Este cambio foi solicitado por moitos veciños pola incomodidade que supoñía ir votar á Casa da Cultura, cunha falta de accesibilidade importante e con moi pouco espazo”.

O rexedor municipal engadiu que “temos que agradecer á Subdelegación do Goberno e tamén ao responsable da oficina de Facenda de Foz por darnos todas as facilidades e as xestións que se fixeron nestes últimos meses para poder usar a Delegación de Facenda en Foz como colexio electoral deron resultado. Polo tanto quero avisar a todos os votantes, aínda que xa se anunciou o cambio nas redes sociais do Concello e nas tarxetas censales tamén aparece, pero sabemos que moita xente fai as cousas por costume e igual chega á Casa da Cultura e atópase con que non está o colexio electoral. Alí tamén haberá un cartel para dirixilos ao novo colexio electoral na Delegación de Facenda, onde haberá 2 mesas”.

Exit mobile version