Pedro Fernández Manín explicou que “esta estrada atopábase en moi mal estado e as obras consistiron en limpeza de cunetas, tapado de fochancas e reforzo do firme con aglomerado en quente”.
O concelleiro de Medio Rural e Obras precisou que as actuacións levadas a cabo neste viario “fixéronse con cargo ós presupostos municipais do presente exercicio e figuraban no programa do equipo de goberno e despois foron solicitadas por grupos da oposición”.