Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo convoca 7 prazas de profesores para a escola municipal de música e danza para o curso 2016-17

O Concello de Ribadeo acaba de facer pública a convocatoria e as bases para a contratación de 7 profesores que impartirán clases na Escola Municipal de Música e Danza durante o curso 2016-2017. Trátase dunha praza para cada unha destas materias: canto, frauta, acordeón, música e movemento, gaita, danza-ballet e saxofón.
O tipo de contrato é por obra ou servizo determinado a tempo parcial polo prazo do curso escolar, ata o 30 de xuño de 2017.
O prazo de presentación de solicitudes e a documentación necesaria por parte dos que queiran optar a estas prazas remata ás 14 horas do día 14 deste mes de setembro no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello ribadense.
As proas de selección realizaranse o día 21 deste mes a partir das 11 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version