Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo recolle plásticos agrícolas polas portas na semana do 3 de outubro

Ribadeo, 22 de setembro de 2016. O Concello realizará unha nova recollida de plásticos agrícolas porta a porta durante a semana do 3 de outubro, segundo anunciou este xoves o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije.

O edil contou que “este vindeiro outubro, a partir do día 3, durante esa semana estará o camión nas distintas parroquias e nas distintas ganderías. Quero facer fincapé para que en cada gandería o solicitante teña os plásticos amañados, preparados e listos de xeito que así a entrega fose moito máis áxil e se levase coa máxima prontitude posible”.

As persoas interesadas nesta recollida porta a porta poden anotarse nas dependencias do Concello ou ben a través do teléfono 982 128 650. “Poden facelo ata o mesmo día 3 pola mañá”, segundo Díaz Freije.

O concelleiro de Xestión Residuos insistiu en que “eses plásticos estean o mellor recollidos e nuns puntos en concreto para axilizar o proceso e que así o camión o faga o mellor posible.Vai ser a última recollida do ano e por iso é necesario poñer máis énfase”.

Jorge Díaz engadiu que “é unha recollida porta a porta que fai un xestor autorizado pola Xunta de Galicia, que é SIMA”.

Exit mobile version