Site icon Crónica3.com A Mariña

O coto de caza de Remourelle repara con fondos propios dous quilómetros de pistas forestais nas aldeas de Arante e Remourelle

O Tecor societario de Remourelle, presidido por José Antonio González (Farruquete) reparou dous quilémetros de camiños forestais pertencentes ás parroquias de Arante e Remourelle.

Estes camiños estaban intransitables na súa maior parte, xa que estaban cerrados de maleza e cun firme moi deteriorado. O arranxo facilitará o paso ós nosos socios para acceder ó monte para cazar, pero tamén favorecemos ós propietarios das fincas que lindan con estes camiños, e algo aínda mais importante ca todo isto, facilitamos a labor dos equipos de extinción de incendios en caso necesario, pois “aínda que moitos se empeñan en cargar sobre os cazadores as culpas dos incendios forestais provocados, nós somos os primeiros interesados en evitalos, e condenamos enerxicamente este tipo de actos”.

Exit mobile version