Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Teatro O Torques de Burela presenta “Donde as dan as toman”

A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, presenta ao Grupo de Teatro O TORQUES de Burela, coa obra “Donde as dan as toman”.
O vindeiro venres, 30 de setembro, ás 21.30 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.

A Asociación Cultural de Teatro O TORQUES de Burela, creouse no ano 2015. Ata o momento só representaron a obra “Donde as dan as toman” unha adaptación de “La venganza de Petra” de Carlos Arniches, realizada por Juan Villarino , que tamén é o seu director.

Un total de 9 actores e actrices intentaran divertirnos durante, unha hora de representación, donde Petra, castiza madrileña, está casada con Manolo , un home noctámbulo ,mullereiro e vividor. Ela ama ao seu marido polo que decide darlle celos para que lle preste máis atención e así poder salvar o seu matrimonio.

Este clásico argumento é o soporte sobre o que se constrúe unha completa galería de personaxes arraigados na máis típica comedia española. O acertado dos conflitos e situacións, así como o perfecto acabado dos caracteres, fan que a risa e o entretemento estean completamente asegurados.

Exit mobile version