Burela, a 12 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que “a Xunta de Galicia presidida por Núñez Feijoo apostou tamén por millorar a calidade educativa e as instalación dos centros de ensino no noso concello. Así, nos últimos dous anos o investimento en obras da Consellería de Educación da Xunta de Galicia que preside Núñez Feijoo nos catro centros de ensino do noso concello ronda, incluidos os previstos para este verán, os 800.000’00€, atendendo demandas que foron plantexadas polas comunidades educativas e polo anterior goberno municipal do PP: ampliación do IES ‘Perdouro’, cuberta do CEIP ‘Vista Alegre’, cuberta do IES ‘Monte Castelo’, a do pavillón dos Castros, e outras actuacións nos dous ceips”.
“Entendemos, afirman desde o PP burelés, que este nivel de investimentos é satisfactorio, e polo tanto valoramos positivamente que foran atendidas as demandas do anterior goberno municipal e dos centros, como o demostra a posta en marcha hai xa catro anos dunha extensión da Escola de Idiomas”.
Os populares aseguran que “pola contra, o actual alcalde ou ben se comporta coma un ‘hooligan’, paralizando obras cando están xa a rematar co único fin de quedar ben diante dos pais e nais e demostrando unha falta de lealdade institucional absoluta, ou ben demora a concesión de licencias para acometer estas obras, co único fin de facer coincidir as obras coa actividade lectiva e enfrentar á Xunta coas coa comunidade educativa en campaña electoral”.
Desde o PP burelés afirman que “por exemplo, a licencia da obra do IES ‘Monte Castelo’ concedeuse logo de dous meses de ser presentada. Con esta actitude, o alcalde está entorpecendo a realización de obras nos centros de ensino por parte da Xunta, porque o concello non está a poñer nin un só euro”.
Os populares manifestan que “mentres podemos ver na prensa que na inmensa maioría de concellos da provincia se están a facer obras sin ningún tipo de problema nos centros de ensino, en Burela asistimos á enésima irresponsabilidade do alcalde, que co seu comportamento está mui lonxe do comportarse como debería, xa que está a poñer trabas a todo o que signifique milloras nos centros de ensino feitas pola Xunta de Núñez Feijóo”.
Desde o PP pídenlle ó alcalde que “xa que non move un dedo para que a Consellería de Educación faiga actuacións nos centros de ensino do concello, como o demostra que ainda non pisara a consellería, polo menos que non entorpeza o que outros deixamos xestionado e o que outros queren facer. Está claro que a educación non lle interesa ó goberno socialista actual, como se veu na visita do Conselleiro de Educación ó IES ‘Perdouro’, xa que non apareceu nin o alcalde nin ninguén do seu equipo”.