Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro chama á creación dun viveiro de empresas no edificio da avenida Ramón Canosa

O pasado 5 de abril do 2016 a Xunta de Galicia entregaba ó Concello de Viveiro o inmoble situado na avenida Ramón Canosa e que no seu día albergara o centro de desenvolvemento comarcal da Mariña Occidental.

O PP de Viveiro dentro do seu programa co que concurriu ás pasadas elección municipais de maio do 2015, levaba como un punto para fomentar o emprego a creación dun viveiro de empresas.

O viveiro de empresas ten como finalidade contribuir á creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial, o que sin dúbida contribuirán a xeración de riqueza e emprego no noso concello.

Este servicio basearase en ofrecer, a través dun rexime de cesión de uso temporal, un espacio físico equipado para o funcionamento do negocio e unhas instalacións común.

Cabe sinalar que non sería necesaria a ocupación total do edificio, so as dependencias necesarias para a creación do mesmo que se situarían na planta baixa ( tres ou catro oficinas), así como o uso de espacios común como podería ser a sala de conferencias, que ben puidese funcionar ocasionalmente como aula de formación.

Como queira que o edificio mencionado anteriormente reúne os requisitos necesarios para implantación desde viveiro de empresas e o motivo polo que o voceiro popular, Antonio Bouza Rodil, insta ó pleno da Corporación a aprobación dos seguinte ACORDOS:

1) A creación dun viveiro de empresas no inmoble situado na avenida Ramón Canosa e que no seu día albergara o centro de desenvolvemento comarcal da Mariña Occidental.

2) Facultar á Sra. Alcadesa para que realice todos os trámites necesarios para a súa posta en funcionamento.

3) A creación dunha comisión integrada por representantes de todos os partidos políticos presentes na Corporación, para a elaboración dunha ordenanza que regule o funcionamento deste viveiro de empresas.

Exit mobile version