Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro traslada á corporación queixas da veciñanza sobre a recollida do lixo ou o mal estado da vía de FEVE

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Varios veciños das rúas Atalaya e rúa Grande da parroquia de Celeiro nos manifestaron o seu malestar polas malas condicións do camión da recollida do lixo da empresa concesionarias CESPA que fai o percorrido polas mesmas, xa que como consecuencia do seu mal estado provoca vertidos de líquido da basura que ademais de desprender moi mal olor ensucian a rúa, o que ten motivado nalgunhas ocasións e a petición dos propios veciños, que os empregados da empresa tiveran que limpiar as citadas rúas. Según os veciños esta situación leva varias semanas acontecendo, sin que ata a data de hoxe se lle teña dado unha solución. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que se lle esixa a empresa concesionaria da recollida do lixo que lle busque urxentemente unha solución a esta problemática, o que sin dúbida agradecerán tanto o medio ambiente coma os propios veciños de Celeiro.

2º) Algúns veciños que pasan habitualmente por debaixo da ponte de FEVE na Ameixoa na estrada a Vieiro – ó lado do cruce da Estacada -, nos comentaron que en ocasións se desprenden pequenos trozos de pedra da mencionada ponte, co conseguinte risco tanto para peóns como para o vehículos e mesmo podería repercutir na seguridade da ponte. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que lle comunique tal circunstancia á dirección de FEVE a maior brevidade posible, para que adopte as medidas necesarias e asi evitar males maiores.

3º) Son reiteradas as queixas de numerosos veciños en asuntos tales como: a presencia de cans de razas perigosas sen bozal, excrementos de cans e o depósito de enseres voluminosos na rúa fora do día de recollida, é polo que ROGAMOS que o goberno local adopte as medidas necesarias para evitar este tipo de situacións que acontecen a cotío e que resultan tan desagradables.

Exit mobile version