Charly formou parte das filas do Valladolid como xuvenil cando foi convocado pola selección asturiana. Despois pasou polo Club Siero, TSK Roces ata chegar á SD Dubra.
O xogador asturiano chega para darlle consistencia defensiva ó equipo. Ademais do seu bo trato co balón, incrementará o potencial a nivel grupal.
A directiva móstrase satisfeita con esta fichaxe, como última peza para a temporada 2016/17 aínda que non descartan algunha incorporación máis.