O candidato lucense, Luis Álvarez, trasladou o compromiso dos socialistas galegos coas políticas de emprendemento e creación de empresas, a través dun impulso e coordinación das Redes de Viveiros, Incubadoras e Aceleradoras de proxectos. “Hoxe en día, o sector turístico representa o 11% do PIB en Galicia e xera o 12% do emprego da nosa economía, polo que non se pode consentir a falta de compromiso político de Feijóo, que non foi capaz de trazar unha estratexia turística en todos estes anos, levando a cabo exclusivamente accións incoherentes e orientadas ao curto prazo”, criticou Álvarez.
Os representantes do PSdeG-PSOE afirmaron que a sustentabilidade e a innovación, de cara á mellora da competitividade e da calidade, son os dous parámetros imprescindibles para o desenvolvemento do sector turístico. “Debemos tomar como exemplo empresas como Siente Galicia, pois contribúen a posicionar a marca Galicia a través da construción dunha imaxe baseada na súa identidade cultural como elemento diferenciador”, explicou Luis Álvarez logo da conversa coas fundadoras da empresa.
Finalmente, agradeceron a implicación e acollida destas empresarias, “sen olvidar o moito traballo que fixemos e aínda temos por facer para fomentar o emprego feminino e a igualdade de oportunidades no traballo”.